Pillado vs Lorenzo

10 Marzo 2011

1. Pancho Pillado denuncia que foi excluído do xuri do Premio Repsol, unha convocatoria que el mesmo creou, por negarlle o saúdo a Anxo Lorenzo.

2. A Asociación Galega de Editores e a Asociación de Escritores en Lingua Galega, mesmo eloxiando a figura de Pillado e lamentando a súa saída, deciden seguir a participar no xuri do referido premio.

*   *   *   *   *

Non hai como non poñer en relación este episodio co protagonizado hai uns meses por Agustín Fernández Paz, que renunciou ao Premio Cultura Galega das Letras 2010 acolléndose ao chamamento de ProLingua nese sentido, nunha actitude que non foi secundada por ningunha outra das persoas, empresas e institucións galardoadas.

Tendo en conta que, hai agora pouco máis dun ano, os once escritores galegos gañadores dos Premios Nacionales de Literatura asinaban un escrito esixindo a demisión do Conselleiro de Cultura e Turismo (ou CulTurismo, segundo as más linguas), significa a clamorosa soedade de Agustín Fernández Paz e de Pancho Pillado que a maioría do mundo cultural galego decidiu deixar de dar a batalla contra a política cultural da Xunta? Debe interpretarse a actitude da AEG e da AELG como un paso máis nese sentido? Nun contexto de crise e de dependencia do mundo cultural a respecto das (minguadas e minguantes) axudas e subvencións, pódense esixir posturas de enfrontamento explícito fronte ao poder público?

Publicado na categoría Lingua, Literatura, Política | | Enriba

Comentarios pechados.

Olark Livehelp