Resposta a Corina Porro
28 Abril 2011Hai algo menos de 24 horas, publiquei un estudo sobre o rendemento dos senadores galegos ao largo da actual lexislatura [link corrixido grazas á chamada de atención dun lector] iniciada o 1 de abril de 2008. Ese estudo, que durante este tempo acumulou algo máis de 400 visitas, foille remitido a través do Twitter ás forzas políticas con representación nesa cámara lexislativa (PP de Galicia, PSdeG-PSOE e BNG) e a dous dos políticos que nel aparecen, que teñen presenza nesa rede social e que, ademais, encabezan candidaturas á alcaldía das dúas maiores cidades galegas: Corina Porro e Javier Losada (neste caso entrei en contacto co tweet de campaña, xa que o persoal non o xestiona el).
A seguir, reproduzo a pregunta que lles foi enviada e a resposta obtida de Corina Porro (Javier Losada aínda non contestou), e inmediatamente despois paso a responderlle á candidata do PPdeG á alcaldía de Vigo.
Esta foi a miña mensaxe inicial:
E esta, a resposta xentilmente remitida unhas horas despois por Corina Porro:
Pois ben, dado que nos 140 caracteres que admite Twitter non son capaz de dar unha resposta cabal, paso a facelo de maneira un chisco máis estensa. Dirixireime a Corina Porro cun tratamento informal, cousa que en circunstancias normais non faría nunha primeira conversa, porque o feito de que ela o utilice me fai pensar que se sente máis cómoda así, opción que respecto.
- Primeiramente, quero darche as grazas e os parabéns por responder abertamente á cuestión que che formulei. Nestes tempos en que as forzas políticas e os candidatos con demasiada frecuencia entenden as redes sociais como un escaparate de propaganda para facer campaña, o feito de mostrares que estás disposta a dialogar, a escoitar e a responder é algo que te honra. Aínda máis, por se tratar dun asunto no que a túa imaxe non é obxecto de eloxio senón de crítica.
- Como non todo poden ser eloxios, e seguramente haxa persoas que cumpren esa tarefa infinitamente mellor do que eu podería chegar a facer en varias encarnacións, debo coa mesma franqueza manifestar que o fondo da túa resposta é -por dicilo con palabras amables- extremamente cuestionable e preocupante. Nas seguintes liñas, explico os porqués.
- Dis que máis importante que a cantidade de intervencións é a calidade e efectividade alcanzadas, e non teño como discordar pois así tamén o considero. Porén, permíteme que introduza varias matizacións e algúns esclarecementos.
- A metodoloxía cuantitativa é a que se utiliza de xeito habitual neste tipo de estudos, debido ao seu carácter mensurable e obxectivo, alleo por tanto ás opinións do autor. De feito, tanto o Parlamento europeo (aínda este mes publiquei un estudo sobre os eurodeputados españois) como o propio Senado español recorren a ese modelo de presentación dos datos referentes ao rendemento dos seus membros.
- O modelo de control social dos representantes políticos existente no Estado español é moi deficiente, e dista moito doutros tan admirables como o norteamericano, onde a transparencia pública das accións dos representantes populares nas institucións é unha rotina desde hai moito tempo. Por certo, alí os debates públicos en campaña son unha obrigación política e non unha potestade á que se recorre só cando convén, como pretendes facer ti mesma nas inminentes eleccións municipais. Xunto coa ausencia da cultura de debates, un dos maiores déficits no caso español consiste en que non se divulgan os datos de asistencia/absentismo dos deputados e senadores, a pesar de ser un elemento moi clarificador e crucial para a avaliación social do traballo dos nosos representantes.
- Baixo calquera prisma de análise que se queira adoptar, o teu rendemento como senadora foi pifio. Segundo o índice de oradores, durante os 13 meses e 12 días que foches senadora, interviñeches unha soa vez: foi o 2 de xuño de 2008, para presentar unha pregunta na Comisión de Economía e Facenda, asinada conxuntamente por ti mesma e polos outros dous senadores do PP electos pola provincia de Pontevedra. Canto á efectividade, dado que esa pregunta foi retirada posteriormente, creo que podemos concluír que foi nula.
- Ademais desa intervención, pódese constatar na túa ficha de ex senadora que presentaches un total de 29 preguntas para a súa resposta por escrito. Conveñamos que non é un grande traballo asinar textos enviados polo gabinete do partido; conveñamos que delas, 18 foron asinadas conxuntamente polos tres senadores provinciais do PP, polo que o escaso mérito habería que fatialo en quiñóns pouco menos que insignificantes; e conveñamos, por fin, que dado que moitas desas preguntas non obtiveron resposta e ningunha delas foi obxecto de debate social e/ou mediático, a efectividade non é das máis altas.
- Se consideras que ser senadora durante 407 días e presentar unha bagaxe de 1 intervención (conxunta) en comisión e 29 preguntas asinadas (18 conxuntas) é suficiente para te dares por satisfeita do traballo feito, daquela é porque o teu nivel de (auto)esixencia é moi diferente do meu. Eu proveño dunha tradición política moi distante á túa, na cal se consideran a crítica e a autocrítica exercicios saudables e socialmente proveitosos, pero respecto -como bo demócrata e amante da pluralidade que me considero- que na túa tradición política os valores preponderantes sexan moi outros. - Na túa condición de candidata con grandes posibilidades de ser electa novamente alcaldesa de Vigo, creo que é de interese público unha resposta ás seguintes cuestións, que che traslado abusando da túa boa vontade:
- Aplicaraslle aos funcionarios ao teu mando, en caso de ser electa, os mesmos criterios de avaliación do rendemento que reivindicas para ti durante a túa etapa de senadora?
- Coñeces algunha outra dedicación, á marxe da política institucional, onde se apliquen tales criterios?
- Concordas coa necesidade de facer pública divulgación dos actos e do desempeño dos representantes políticos? E, en caso afirmativo, asumes o compromiso de promover desde a Cámara Municipal de Vigo e, se for o caso, desde a Alcaldía desa cidade accións no sentido de promover o open-gov? Aínda en caso afirmativo, e para concluír, poderías detallar algunha delas?
Desculpa a extensión da resposta e, unha vez máis, grazas pola cortesía en responder. Para concluír, ademais de enviarche un saúdo moi cordial, déixoche unha resposta-síntese pola miña parte; esta, si, en menos de 140 caracteres:




29 Abril 2011 ás 10:37
Moi boa
29 Abril 2011 ás 14:21
A ligazón a «estudo sobre o rendemento dos senadores galegos ao largo da actual lexislatura» apunta a http://www.softwarepublico.gov.br
29 Abril 2011 ás 15:46
Grazas a ambos, a Tati polo bonito sorriso
e a J pola oportunísima corrección. Apertas e voltade, que estades en casa
29 Abril 2011 ás 19:34
Vaia, pois eu traballei en área parlamentaria dun Ministerio, e desde logo, estou a anos luz de Corina Porro en ideas e actitudes, pero ten razón en que a cantidade de preguntas non é nada relevante. Outra cousa é que non dera nin chapa noutros temas.
As preguntas parlamentarias consisten en, por exemplo, dicir, ¿cantas persoas foron detidas por delitos ambientais (é un exemplo) na provincia de Pontevedra en 2010. Xa temos unha, agora, co mesmo texto, cambiamos Pontevedra por Coruña, e xa temos dúas preguntas. Así ata 52 provincias. Xa temos 52 preguntas.
Pasado unha semana, facemos exactamente a mesma pregunta, 52 veces, pero para datos do ano 2009. Xa temos 104 preguntas. Pasa outra semana, e facémolo para 2008, así por exemplo, para toda a lexislatura. Logo 4 anos por 52 provincias, temos 208 preguntas parlamentarias.
Outro senador podería preguntar, o mesmo, na mesma pregunta, detidos por provincias, nesta lexislatura, por delitos ambientais. Só fai unha pregunta, consta como que traballou menos, pero en realidade resulta máis eficiente, e non colapsa día tras día o fax de ministerio. Os que algunha vez traballamos niso, preferíamos ao que fai unha pregunta, que o que o transforma en 208, total para os mesmos datos. Porque ademáis, sobre esas mesmas preguntas, 208, podemos pasado un mes, volver preguntar o mesmo, pero desglosado por semestres, ou trimestres, ou meses, conque temos miles de combinacións posibles para quedar ben coa estadística, e para quedar mal coa eficiencia no traballo
29 Abril 2011 ás 19:37
E relacionado con isto, deixo este enlace.
http://www.elpais.com/articulo/ultima/diputado/5971/preguntas/elpepiult/20061005elpepiult_1/Tes
4 Maio 2011 ás 12:11
#5 pasabaporaquí: Entendo (e comparto) a túa posición, pero casos como o que expós son excepcionais. De feito, como podes constatar no estudo (ou na propia web do Senado), se da inmensa maioría dos senadores galegos dependese, o traballo da Administración en responder sería exiguo, cando non inexistente.
Saúdos.
4 Maio 2011 ás 23:05
A verdade é que falo máis en xeral, non dos galegos, e tamén dos Deputados. Desde logo, a utilidade do Senado xa sabemos, mesmo intuitivamente, que é ben pouca.
Hai preguntas parlamentarias moi ben feitas, e moi intelixentes, e teño que dicir que sobre todo, son as dos grupos minoritarios. Pero algúns teñen unha estratexia de preguntas (Congreso e Senado) do tipo que expuxen como exemplo. Centos de preguntas con pequenas variantes, que se poden resumir nunha soa. Ás veces parecen plantillas.
E que quede claro, tamén hai preguntas moi xeitosas e incisivas
Un saúdo
9 Febreiro 2012 ás 13:05
Wordlis3…
Fantastic blog post, saw on…
10 Febreiro 2012 ás 14:33
Yahoo results…
While browsing Yahoo I found this blog in the results and I didn’t think it fit…
11 Febreiro 2012 ás 06:51
Weebly article…
I saw a nice guy writing in a good way about this interesting stuff on Diggg and it linked today right to…
12 Febreiro 2012 ás 07:21
News…
I was reading slowly the Reddit news and info and I saw this really super interesting and super fresh info…
13 Febreiro 2012 ás 05:16
Yahoo News…
When reading a lot on Google and of course Bing for the latest news just right now I happily found this…
15 Febreiro 2012 ás 04:01
Bing results…
While searching quite a lot Bing and AOL I very much happily discovered this interesting page in the search results and I did think it would match…
15 Febreiro 2012 ás 08:06
Looking around…
I am really into surfing quite much in many great locations on the really vast online world, quite very much regularly I do usually go ahead to Digg and very simply follow through…
15 Febreiro 2012 ás 22:09
Bing results…
While browsing a lot Bing and AOL I very much happily discovered this interesting page in the search results and I did think it would match…
15 Febreiro 2012 ás 22:24
It is really hard these days to find enough support…
My friend is truly regularly but in a rash manner proclaiming that in all honesty that it is difficult to really easily get some good online support, but there is…
19 Febreiro 2012 ás 05:20
Awesome website…
[...]the time to read or visit the content or sites we have linked to below the[...]……
20 Febreiro 2012 ás 18:32
HYIP…
HYIP is good way to make money online….
21 Febreiro 2012 ás 21:19
Just Looking…
When we were surfing very much this Monday we saw a very nice long article concerning…
23 Febreiro 2012 ás 04:58
Bing results…
While browsing a lot Bing and AOL I very much happily discovered this interesting page in the search results and I did think it would match…