Foro aberto pola lingua

3 Xuño 2011

Cando e onde

1 de outubro, das 10h ás 14h e das 16 ás 20h
Santiago de Compostela
Lugar a ser definido

O que é

Unha convocatoria aberta a todas as persoas e colectivos favorables á normalización do galego. O foro debe ser visto un primeiro momento dun proceso: por tanto, non se aprobará un manifesto ou programa de acción, senón que se discutirán as bases que deben sustentalo.

O que non é

(1) Un tribunal onde axustar as contas do pasado.
(2) Un mercado onde captar adeptos para unha ou outra facción ás custas da unidade xeral.

Obxectivos

(1) Promover o consenso sobre as novas estratexias a seren executadas na defensa, promoción e normalización do galego.
(2) Manter, consolidar e ampliar a unidade de acción de todos os axentes sociais implicados no proceso de extensión e normalización de usos do galego.

Metodoloxía

Relatorios de 15min sobre cada un dos temas a debate e posterior diálogo aberto para establecer puntos de encontro. Sen ninguén renunciar ao que vén defendendo, é necesario e premente articular un discurso, unha estratexia e unhas accións comúns que nos permitan avanzar xuntos: esa é a filosofía do foro e ese o ánimo que se espera dos participantes.

Temas a debate

(1) Diagnóstico da situación sociolingüística do país. Presente, tendencias e perspectivas de futuro.
(2) A influencia da política lingüística institucional sobre o proceso de normalización social da lingua.
(3) O papel da sociedade civil na defensa e promoción do galego. Estratexias e accións para mobilizar novas enerxías a favro da lingua.

Propostas concretas

Formulario de inscrición

*   *   *   *   *

Texto publicado orixinalmente no grupo de Facebook “Debate sobre un novo discurso lingüístico”
http://www.facebook.com/home.php?sk=group_179072072108567&view=doc&id=231310896884684

Publicado na categoría Lingua | | Enriba

Comentarios pechados.