Contra a censura

15 Decembro 2011

O Claustro de Profesores do IES Alfredo Brañas de Carballo, reunidos en sesión ordinaria, aproban por unanimidade a seguinte

DECLARACIÓN

  1. Rexeitamos calquera tipo de censura a respecto dos libros de texto aprobados e homologados polas autoridades educativas para o seu uso académico. Especificamente, posicionámonos en contra da tentativa de censura contra o libro de texto da editorial Vicens Vives, destinado ao 5º curso de Educación Primaria na materia de Ciencias Sociais.

  2. A afirmación de que “o galego é a lingua propia de Galicia”, motivo da apertura dun expediente por parte da Oficina do Valedor do Pobo, non é máis que a reprodución literal dun fragmento do noso Estatuto de Autonomía, polo que non atopamos motivo ningún para crear conflitividade social e escolar por conta diso.

  3. Reclamamos unha rectificación pública por parte da Oficina do Valedor do Pobo, por ter emitido un ditame no cal se solicita a rectificación dos contidos do referido libro de texto; ben como por parte do Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por avalar tal resolución.

  4. Apoiamos as accións cívicas programadas por diversas entidades sociais en defensa da liberdade de ensino e do dereito a recibir educación en galego, sen censura nin discriminación.

En Carballo, a 14 de decembro de 2011.

Publicado na categoría Educación, Lingua | | Enriba

Comentarios pechados.