A cobertura da escisión do BNG en Praza Pública ou datos son amores

18 Marzo 2012

Diante da campaña de intoxicación e verdadeiro trolling que está a sofrer Praza Pública nos comentarios inseridos no propio xornal e en diferentes redes sociais, moi nomeadamente por conta dunha suposta postura para promover a división do nacionalismo (sic –aínda que máis ben habería que dicir sick), púxenme a recompilar todo o que foi publicado sobre as convulsións no seo do BNG desde a apertura de Praza até hoxe mesmo.

Os datos son demoledores: tanto nas entrevistas como nas informacións, Praza Pública deu máis voz ao BNG que aos escindidos. Unha actitude comprensible, por outra parte, xa que o BNG é unha organización cun importante peso institucional, mentres que os grupos escindidos aínda carecen desa unidade orgánica e de presenza institucional equiparable; e porque o BNG posúe mecanismos de comunicación pública (gabinetes, responsables sectoriais) que non posúen os recén saídos.

Máis datos abrumadores: 0 primicias sobre baixas e manifestos (renunciamos conscientemente a eses pelotazos de audiencia, mesmo téndomos os datos antes que os demais medios), 0 novas sobre conflitos internos, 0 entrevistas aos escindidos de +G, 5-1 a favor da postura do BNG no conflito de Teo… Por favor, dádelle unha atenta ollada ao que segue, porque creo que se explica só.

*  *  *  *  *

RESUMO

Entrevistas: 7.

Novas sobre o conflito de Teo: 7.

Novas sobre abandonos de colectivos: 6 (das cales, 0 repetidas).

Novas sobre a “pingueira de baixas”: 2.

Novas sobre enfrontamentos internos nas asembleas comarcais e locais: 0.

Novas sobre acordos internos nas asembleas comarcais e locais: 1.

Novas sobre os manifestos cruzados antes do Congreso de +G: 1. Publicada con motivo do manifesto pola permanencia no BNG asinado por un grupo de militantes de +G, a pesar de que xa antes fora publicado outro chamando á saída de +G e apoiado pola maioría da dirección desa corrente. 

Novas sobre outros colectivos políticos implicados: 4 (EcoGaleguistas 3, Causa Galiza 1). 

* * * * *

TODAS AS NOVAS

FEBREIRO

Mércores, 1 (nace Praza Pública)

Venres, 3

Luns, 6

Martes, 7

Mércores, 8

Venres, 10

Sábado, 11

Domingo, 12

Luns, 13

Martes, 14

Mércores, 15

Xoves, 16

Venres, 17

Luns, 20

Martes, 21

Mércores, 22

Xoves, 23

Venres, 24

Domingo, 26

MARZO

Venres, 2

Domingo, 4

Luns, 5

Mércores, 7

Venres, 9

Sábado, 10

Domingo, 11

Martes, 13

Xoves, 15

Venres, 16

Sábado, 17

Publicado na categoría Comunicación, Política | | Enriba

Comentarios pechados.