Folla-de-ruta para a amnistía fiscal

30 Marzo 2012

 

Xa que Mariano Rajoy e a súa troupe acaban de anunciar unha amnistía fiscal, e para que non se produzan situacións discriminatorias, propoño que o proceso estexa sometido ás seguintes condicións:

    1. Declaración pública de renuncia aos métodos delitivos usados no pasado.
    2. Aceptación do proceso de verificación que sexa determinado polo goberno español.
    3. Petición de perdón ás vítimas ou, no seu defecto, contricción dos pecados e cumprimento da penitencia que indique o confesor do Opus Dei.
    4. Entrega incondicional dos libros de contabilidade en B e de todos os maletíns utilizados nas operacións fraudulentas.
    5. Achegamento dos presos -se os houber- por delitos económicos á cadea máis próxima ao paraíso fiscal da súa escolla.
    6. Ilegalización dos partidos que defendan un modelo fiscal diferente ao consensuado entre a dereita hipócrita e a esquerda vergonzante.
    7. Concesión de subvencións ás empresas que completen a súa reinserción.

Publicado na categoría Economía | | Enriba

Comentarios pechados.