Crise de goberno na Xunta á vista

19 Outubro 2011

Inmediatamente despois do 20-N, Feijoo fará unha crise de goberno. Descoñécese aínda o alcance que terá, pero o que si é seguro é que polo menos un conselleiro xa foi avisado de que non seguirá no cargo, que desempeña practicamente en funcións e en medio dun considerable desacordo interno co seu propio equipo. Se consigo […]

Xesús Vázquez, na vangarda do cinismo?

15 Outubro 2011

Mentres escribo este post, o Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria mantén un encontro con membros da CONFAPA-Galicia a portas pechadas, na sede da Fundación Barrié na Coruña. Alá fun eu, pensando inxenuamente que se trataba dun evento aberto ao público interesado no asunto, pero non foi así: a CONFAPA-Galicia estableceu unha sorte de servizo […]

Claves do informe da OCDE sobre a educación en España

20 Setembro 2011

O último informe da OCDE sobre a educación en España, presentado hai exactamente unha semana e practicamente ausente do debate nos medios de comunicación de masas a pesar da premente actualidade dos ataques ao ensino público, deseña un panorma con máis sombras que luces. A pesar dunha evolución positiva en termos netos no período de […]

Nova vaga de ataques ao ensino público

1 Agosto 2011

Este artigo foi publicado orixinalmente no número de xullo da revista Tempos Novos, disponible aínda nos quioscos de todo o país. Rogo que penses na posibilidade de te faceres subscritor(a), como forma de apoio a un medio crítico e en galego. Se desexas ler, imprimir ou descargar a versión deste artigo en formato PDF, preme […]

Crónica dunha asemblea de barrio

15 Xullo 2011

Aspecto xeral da asemblea durante a charla sobre os recortes no ensino público galego Esta é a crónica dun dos centos de actos que cada mes se celebran nas cidades e vilas galegas e de todo o Estado español, de xeito asembleario e aberto ao público, como resultado do proceso de expansión e descentralización do […]

Os medios no ensino. Reflexión a propósito dunha polémica

23 Marzo 2011

Os medios de comunicación e o ensino viven maiormente de costas un ao outro. Por un lado, é moi escaso o interese que as noticias sobre educación suscitan nos grandes medios de comunicación; e é que, a pesar do papel capital do sistema educativo nas nosas sociedades, rara vez podemos ler, escoitar ou ver análises […]