Les liaisons dangereuses

17 Maio 2012

ACTUALIZACIÓN 18/05/12 ás 14:36. Esquerda Unida de Vigo, a través do seu portavoz Rubén Pérez, desmente a Galicia Bilingüe e afirma que ninguén acudiu ao acto en representación desa forza política. Eis o tweet: CORRECCIÓN. A revista “Nosotros” (parodia de “Nós”?) foi presentada en dúas versións: unha só en español -que é a analisada no […]

Feliz Ano Novo 1939!

31 Decembro 2011

Tras coñecer, grazas ao blog de Gabriel Bibiloni (lectura imprescindible!), os plans do Goberno das Illas Baleares para promover unha verdadeira desfeita contra o status da lingua catalá nese territorio, mediante unha reforma da lei de normalización lingüística; e unha vez constatado o evidente paralelismo da política lingüística levada a cabo polo PP naquela comunidade e […]

Retallos dun país normal (I)

22 Outubro 2011

Transcribo literalmente o relato de Francisco Fernández Rei: “Unha moza, andaluza de nacencia ela, que desde hai uns anos vive no casco vello de Compostela, logo de que un fillo dela estivese nunha galescola [a actual “Galiña azul” de San Roque, no alto da rúa das Rodas] inscribiuno no colexio La Salle. O pasado martes, na reunión […]

Autorretrato dun mequetrefe, por Anxo Lorenzo

7 Outubro 2011

4 de marzo de 2011. A Consellería de Cultura sae de excursión ao Reino Unido: na comitiva están o conselleiro, Roberto Varela; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; unha sumaria corte de escritores afectos ao réxime, dentre eles o inefable Alfredo Conde; e mais varios asesores e persoal da consellería. Chama a atención […]

O plurilingüismo en amazon.es

14 Setembro 2011

Onte abriu a tenda española do xigante do comercio electrónico Amazon, líder mundial en venda de libros. Este é un estudo do reflexo do plurilingüismo no catálogo bibliográfico de amazon.es. Para ampliar as imaxes, abonda facer click en cada unha delas. EDICIÓN BIBLIOGRÁFICA EN ESPAÑA EN IDIOMAS (CO)OFICIAIS NO ESTADO ESPAÑOL Volumes editados en 2010: […]

Contra o #golpebranco do PP, unión da #cidadaniagalega

14 Agosto 2011

Din as persoas ben informadas que o 20-N hai eleccións ao Parlamento español. Eu, nun rapto de desconfianza, non acabo de crelo: penso que o 20-N o que vai ocorrer é un golpe-de-estado plebiscitado e que calquera vitoria ampla do PP -máis aínda se é por maioría absoluta, pero mesmo se non chega a tanto- […]

Foro aberto pola lingua

3 Xuño 2011

Cando e onde 1 de outubro, das 10h ás 14h e das 16 ás 20h Santiago de Compostela Lugar a ser definido O que é Unha convocatoria aberta a todas as persoas e colectivos favorables á normalización do galego. O foro debe ser visto un primeiro momento dun proceso: por tanto, non se aprobará un […]

Nova cartografía da lingua

3 Maio 2011

Onte anunciouse o fallo do VII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2011, no cal resultou gañador Marcos Abalde Covelo polo artigo “Empoderármonos”, mentres que foi concedido un accésit a Diego Giráldez polo seu texto “Gas”. A ambos os meus parabéns, extensivos ao Concello de Carballo pola organización dun premio que xa é […]