Ti, si; ti, non

19 Outubro 2011

Luns, 17 de outubro. O DOG publica a concesión das axudas para asociacións que traballan no ámbito da igualdade de xénero. A revista feminista Andaina denuncia que boa parte das subvencións se destinan a entidades ultracatólicas e antiabortistas, información que despois recollen e amplían os medios Galicia Confidencial e Diário Liberdade. En total, son 160.000 […]

Crise de goberno na Xunta á vista

19 Outubro 2011

Inmediatamente despois do 20-N, Feijoo fará unha crise de goberno. Descoñécese aínda o alcance que terá, pero o que si é seguro é que polo menos un conselleiro xa foi avisado de que non seguirá no cargo, que desempeña practicamente en funcións e en medio dun considerable desacordo interno co seu propio equipo. Se consigo […]

Pros e contras

10 Agosto 2011

Nos últimos meses, diversas voces veñen formulando a posibilidade dunha candidatura conxunta das forzas políticas da esquerda galega nas eleccións ao Senado español. A finais de xullo, unha entrevista concedida por Manolo Bragado detonou o debate sobre o asunto, pendente aínda da resposta das forzas políticas interpeladas: fundamentalmente o PSdeG e BNG, pero tamén EU e […]

Pasando a limpo o barómetro do CIS (xullo 2011)

31 Xullo 2011

Os datos que serán comentados ao largo do post son os referidos ao avance de resultados do barómetro de xullo do CIS e están disponibles aquí. Salvo indicación en contrario, todos os datos comentados son referidos aos resultados xerais do inquérito, mentres que cando se trata de cruzamento por variables se indica explicitamente. I. Avaliación […]

Escravos en Europa (Ignacio Ramonet)

7 Xullo 2011

Texto traducido do orixinal francés publicado na web Mémoire des Luttes. Dous séculos despois da abolición da escravitude, asistimos ao retorno dunha práctica abominable: a trata de persoas. A Organización Internacional do Traballo (OIT) estima que, no mundo, máis de 12 millóns de persoas están sometidos á explotación da súa forza de traballo contra a […]

Crónica dunha esperanza

4 Xullo 2011

  O pasado sábado, 2 de xullo, a Iniciativa BenComún celebrou o seu primeiro encontro, aberto a todas as persoas que quixesen participar nos debates propostos no manifesto fundacional e nas Once teses para o ben común. Tres son as boas noticias que o acontecemento deparou: a primeira, a propia vontade colectiva de intervir no […]

Manifesto Habermas

25 Xuño 2011

A actual crise da eurozona ten sido un importante test para a UE; e até agora, non o vén facendo ben. Durante demasiado tempo, os líderes europeos simplemente deron resposta aos eventos que saían ao seu paso, en vez de enfrontar as causas que están na raíz da crise. Esta política ad hoc ten minado […]

Como participar no debate electoral cidadán #tuitgal22m

22 Maio 2011

Obs. Se ocorre algo imprevisto e non consegues seguirnos no canal http://livestre.am/MTgI, proba neste http://bit.ly/iKDUr6 *   *   *   *   * 1. O que é Unha iniciativa de debate e de análise política das eleccións protagonizada por cidadáns, sen interferencia de candidatos, portavoces das forzas políticas en desputa ou opinadores profesionais. Até […]