Les liaisons dangereuses

17 Maio 2012

ACTUALIZACIÓN 18/05/12 ás 14:36. Esquerda Unida de Vigo, a través do seu portavoz Rubén Pérez, desmente a Galicia Bilingüe e afirma que ninguén acudiu ao acto en representación desa forza política. Eis o tweet: CORRECCIÓN. A revista “Nosotros” (parodia de “Nós”?) foi presentada en dúas versións: unha só en español -que é a analisada no […]

[Resultados da enquisa] Feijoo mantería a maioría, mais con dúbidas. O NPC entraría con forza ás custas de PSdeG e BNG

23 Marzo 2012

Esta non é unha enquisa científica, senón unicamente un xeito de pulsar a opinión do público lector do blog. Con todo, se me permitides unha valoración persoal, creo que pode non ir moi desencamiñada. *  *  *  *  * Segundo as vosas respostas, o resultado das Eleccións Galegas a día de hoxe daría lugar a […]

O Concello de Pontevedra, gobernado pola dereita

27 Setembro 2011

Hai algo máis dunha semana, o Concello de Pontevedra anunciou que suprimiría a finais de ano o equipo de Inclusión Social municipal, composto por tres persoas (unha educadora e dúas traballadoras sociais) que dan servizo a unha media de 261 familias por ano. Nun momento de crise económica que acentúa os riscos de exclusión social […]

O papel terma do que lle boten (ou a farsa da análise electoral en LVG)

16 Agosto 2011

Onte apareceu no xornal La Voz de Galicia unha nova entrega da “Tribuna Analista Electoral” que asina nese medio Jaime Miquel. Noutras ocasións, ese mesmo analista ten lanzado afirmacións no mínimo dubidosas, pero nada até agora que sexa comparable nin por asomo á colección de despropósitos que nos regala no seu máis recente artigo. Vexamos […]

Contra o #golpebranco do PP, unión da #cidadaniagalega

14 Agosto 2011

Din as persoas ben informadas que o 20-N hai eleccións ao Parlamento español. Eu, nun rapto de desconfianza, non acabo de crelo: penso que o 20-N o que vai ocorrer é un golpe-de-estado plebiscitado e que calquera vitoria ampla do PP -máis aínda se é por maioría absoluta, pero mesmo se non chega a tanto- […]

Os números falan (alto e claro)

12 Agosto 2011

Este post é un extracto. Se desexas ler o estudo completo, vai aquí. Comparación: resultados das eleccións ao Senado español (2008) vs simulación dunha candidatura conxunta apoiada por PSdeG+BNG+EU (2008) Galiza Estes foron os resultados reais: PP 12 senadores, PSdeG 4. E este, radicalmente diferente, tería sido o resultado de agregar os votos de PSdeG […]

Pros e contras

10 Agosto 2011

Nos últimos meses, diversas voces veñen formulando a posibilidade dunha candidatura conxunta das forzas políticas da esquerda galega nas eleccións ao Senado español. A finais de xullo, unha entrevista concedida por Manolo Bragado detonou o debate sobre o asunto, pendente aínda da resposta das forzas políticas interpeladas: fundamentalmente o PSdeG e BNG, pero tamén EU e […]

Feijoo, o arquitecto dadaísta

29 Abril 2011

Artigo de análise política sobre os dous primeiros anos do mandato de Feijoo como Presidente da Xunta. Publicado orixinalmente na edición impresa nº 167 da revista Tempos Novos, correspondente ao mes de abril de 2011 (monográfico de análise da acción do goberno Feijoo) e aínda disponible nos quiosques do país. *   *   * […]